OS VOSOS TRABALLOS, O VOSO PATRIMONIO

O traballo de creación artística é un dos últimos pasos do voso percorrido no programa formativo «O Teu Camiño de Santiago, patrimonio de todos», mais o primeiro debe ser o proceso de formación sobre o patrimonio entre o alumnado.

PRESENTACIÓN DO TRABALLO CREATIVO ANTES DO 30 DE ABRIL DE 2018

1.DOCUMENTOS A ACHEGAR

Traballo creativo

Memoria sobre o traballo presentado (máximo 500 palabras) na que se describa o proceso de creación e a argumentación e motivación do proxecto. Especificar, no seu caso, se se realizaron visitas fóra do centro ou se participou nas actividades realizadas por persoal local vinculado ao Camiño (técnicos de patrimonio, hospitaleiros, etc.).

2.CONDICIÓNS TÉCNICAS DOS TRABALLOS

Para participar no programa formativo «O Teu Camiño de Santiago, patrimonio de todos», o traballo de creación artística que desenvolvades ten que seguir os seguintes criterios:

– Categoría fotografía: presentación dunha fotografía, serie fotográfica ou montaxe fotográfica cun peso máximo de 2MB e en formato jpg. É preciso dispor dunha versión en alta resolución do traballo presentado..

– Categoría banda deseñada / foto banda deseñada: presentación dun arquivo cun peso máximo de 5MB e en formato pdf. ou jpg. cunha extensión máxima de 20 páxinas en tamaño A-4. É preciso dispor dunha versión en alta resolución da banda deseñada.

– Categoría curtametraxe/vídeo: presentación dun vídeo de máximo cinco minutos de duración (coas cortinas inicial e final incluídas) creados en formato dixital e presentado en formato mpeg4. O tamaño final do arquivo ten que ter un máximo de 800 MB, cun largo da xanela de 1024×576 px. É preciso dispor dunha versión en HD do vídeo presentado.


3.CONDICIÓNS PARA PARTICIPAR

Ao formalizar o envío do traballo, autorízase a publicación do nome do centro ou institución na páxina web www.tucaminodesantiagoconcurso.es sen necesidade de confirmación previa do participante.

Os autores ceden ao Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, con carácter non exclusivo e en tempo indefinido, todos os dereitos de reprodución, comunicación pública, exposición e transformación, a través de calquera medio, dos traballos presentados ao programa, sen necesidade de aviso nin compensación pola concesión dos devanditos dereitos. Os traballos presentados non serán explotados comercialmente en ningún caso e sempre se fará figurar por parte da organización a autoría do traballo.

A organización do programa non se fará responsable dos materiais recibidos en forma defectuosa ou que non sexan lexibles e resérvase o dereito de rexeitar traballos, en caso de que non reúnan a suficiente calidade ou non respecten as condicións.

Cada centro participante será o único responsable das reclamacións que se produzan pola vulneración de calquera dereito de terceiros, incluíndo, sen carácter limitativo, dereitos de propiedade intelectual ou industrial e dereitos de imaxe, e comprométese a eximir de responsabilidade á organización polo incumprimento dos requisitos establecidos nesta páxina web.

Participa e fai o teu patrimonio de todos!

Contacto:

info@tucaminodesantiagoconcurso.es

697 82 00 00 (Horario de atención de luns a venres de 9 a 14 horas)

Organiza:

No marco de:

Coa colaboración de:

Participa:


Xestiona:

Créditos fotográficos:

Camiño Francés en Aragón: Archivo del Gobierno de Aragón e Carlos Gil.
Camiño Francés en Castela e León: Junta de Castilla y León e Benito Arnáiz.
Camiño Francés en Navarra: Archivo de Turismo del “Reyno de Navarra”. Patxi Uirz.
Camiño da Costa en Asturias e Camiño Primitivo: Dirección General de Patrimonio Cultural del Gobierno del Principado de Asturias.
Camiño de Santiago en Galicia: Adolfo Enríquez, Fernando Bellas, Tono Arias, Jaime Fernández, Manuel Valcárcel, Pedro García, Santiago López e Tino Viz.

Contact Us

We're not around right now. But you can send us an email and we'll get back to you, asap.

Start typing and press Enter to search