Inscricións

O deseño deste programa formativo está formulado pensando nos/as profesores/as e no voso labor educativo. Por iso, a proposta que vos facemos é desenvolvelo durante todo un curso escolar, de xeito que poidades ir traballando os temas fundamentais do patrimonio durante todo ese tempo.

Podedes comezar por comentar co voso alumnado en que consiste o programa, como se pode participar, que tipo de traballos poden crear e explicar que os seus traballos se verán na nosa web e nunha exposición en Santiago de Compostela.

Para participar no programa, o primeiro é inscribir o voso centro escolar antes do 29 de decembro de 2017. Unha vez realizado, poremos a vosa localidade no noso mapa.

Logo de tomardes a decisión de participar, poderedes ir expoñendo os temas sobre o patrimonio durante todo o ano, de xeito gradual, sen ter que realizar clases específicas para cada tema. Usade as fichas como axuda. Os temas abranguen diversas materias e obxectivos, co fin de ser o máis interdisciplinarios posible.

Ao tempo que o alumnado aprende sobre o noso patrimonio, poden ir pensando en como desenvolveren o seu traballo artístico relacionado con el. A descuberta de cada tema pode darlles moitas ideas.

Unha vez entendida a importancia dos temas, será o momento de plasmalo no traballo en grupo, optando por algunhas das diferentes categorías.

Ata o 30 de abril de 2018 teredes tempo para presentardes o voso traballo, mais podedes facelo en canto os teñades rematados. Unha vez terminado o prazo de presentación, en maio de 2018 faranse públicos todos nesta web para que vexades os traballos doutros centros.

Participa e fai o teu patrimonio de todos!

Contacto:

info@tucaminodesantiagoconcurso.es

697 82 00 00 (Horario de atención de luns a venres de 9 a 14 horas)

Organiza:

No marco de:

Coa colaboración de:

Participa:


Xestiona:

Créditos fotográficos:

Camiño Francés en Aragón: Archivo del Gobierno de Aragón e Carlos Gil.
Camiño Francés en Castela e León: Junta de Castilla y León e Benito Arnáiz.
Camiño Francés en Navarra: Archivo de Turismo del “Reyno de Navarra”. Patxi Uirz.
Camiño da Costa en Asturias e Camiño Primitivo: Dirección General de Patrimonio Cultural del Gobierno del Principado de Asturias.
Camiño de Santiago en Galicia: Adolfo Enríquez, Fernando Bellas, Tono Arias, Jaime Fernández, Manuel Valcárcel, Pedro García, Santiago López e Tino Viz.

Contact Us

We're not around right now. But you can send us an email and we'll get back to you, asap.

Start typing and press Enter to search