Fichas de patrimonio

O obxectivo do programa formativo é pór en valor o patrimonio directamente relacionado co Camiño de Santiago dentro das rutas sobre as que traballa o Consello Xacobeo.

Pola súa situación xeográfica, estas rutas e o seu patrimonio son máis accesibles para algúns centros educativos mais o patrimonio cultural que atesouran é vivido ano tras ano por moitos outros mozos doutras provincias facéndoo seu de xeitos diversos: percorrendo esas rutas ou coñecendo o seu patrimonio cando aprenden sobre o Camiño de Santiago desde a súa localidade.

Sexa do tipo que sexa o contacto con estas rutas (proximidade, desfrute ou estudo), a vosa vivencia co seu patrimonio é algo especial e merece ser divulgado. Cos traballos artísticos facedes voso ese patrimonio e poñedes en valor esa experiencia, axudando para que poida ser apreciado e respectado por aqueles que non o coñecen. «O Teu Camiño de Santiago» é unha metáfora vivencial que se converte en «patrimonio de todos».

Sabemos que en moitos centros educativos xa destes o primeiro paso e traballades este tema acotío, amosando todos os aspectos que abrangue o patrimonio, reflexionando sobre todos os tipos que existen e realizando cos alumnos traballos artísticos de diversa índole sobre el.

Podémolos ver en moitas das vosas webs e blogs. Neles, e coa axuda da fotografía, o cinema ou o debuxo, tratades o patrimonio e outros temas importantes (saúde, educación viaria, respecto, tolerancia, etc.) dun xeito valioso e educativo.

Agora propómosvos tomar a vosa experiencia co patrimonio do Camiño de Santiago (dentro das rutas do Consello Xacobeo) como medio e dar un paso máis participando neste programa. Entre todos, faremos que chegue a máis xente mediante novos traballos artísticos, amosándoos na nosa web e na exposición temporal que montaremos en Santiago de Compostela como colofón do programa.

Nós, para colaborar no importante labor da ensinanza do patrimonio que levades a cabo, creamos unha fichas de traballo para a aula destinadas aos docentes, para que vos sirvan de apoio e orientación no desenvolvemento dos traballos para o programa.

Nas fichas propómosvos que traballedes co voso alumnado os diversos temas sobre o patrimonio que seleccionamos. Relacionáronse os temas propostos con diferentes materias do currículo para que se poidan aplicar en diversos temas e convertelo nun proxecto interdisciplinario para o voso centro.

Tede en conta que se o programa formativo acaba por converterse en traballos individuais onde cada estudante debe investigar pola súa conta sobre o patrimonio do Camiño, sen chegar a converterse nun proxecto colaborativo, parte dos obxectivos non se terán cumprido.

Participa e fai o teu patrimonio de todos!

Contacto:

info@tucaminodesantiagoconcurso.es

697 82 00 00 (Horario de atención de luns a venres de 9 a 14 horas)

Organiza:

No marco de:

Coa colaboración de:

Participa:


Xestiona:

Créditos fotográficos:

Camiño Francés en Aragón: Archivo del Gobierno de Aragón e Carlos Gil.
Camiño Francés en Castela e León: Junta de Castilla y León e Benito Arnáiz.
Camiño Francés en Navarra: Archivo de Turismo del “Reyno de Navarra”. Patxi Uirz.
Camiño da Costa en Asturias e Camiño Primitivo: Dirección General de Patrimonio Cultural del Gobierno del Principado de Asturias.
Camiño de Santiago en Galicia: Adolfo Enríquez, Fernando Bellas, Tono Arias, Jaime Fernández, Manuel Valcárcel, Pedro García, Santiago López e Tino Viz.

Contact Us

We're not around right now. But you can send us an email and we'll get back to you, asap.

Start typing and press Enter to search