CAMIÑO VIRTUAL

Para ver o resultado dos traballos presentados por outros centros educativos, teredes que agardar a que estean dispoñibles en maio de 2018. Cando os teñamos todos, valoraremos que se adecúen aos criterios do programa e serán publicados.

Os criterios que se terán en conta para a súa inclusión na exposición atenderán á adecuación dos traballos presentados aos obxectivos do programa. En concreto, valoraranse os seguintes aspectos:

a) Posta en valor do patrimonio cultural, material e inmaterial, relacionado co Camiño de Santiago dentro das rutas sobre as que traballa o Consello Xacobeo.
b) Participación dos colectivos locais vinculados ao Camiño de Santiago (como Asociacións de Amigos do Camiño) no proceso de formación do alumnado.
c) Recoñecemento e apreciación por parte do alumnado do concepto e os diferentes tipos de patrimonio.
d) Desenvolvemento do proxecto como consecuencia dun proceso interdisciplinario e de aprendizaxe colaborativa.

Unha vez acadados estes propósitos, todos os vosos traballos farán o Camiño nesta páxina web, chegando a Santiago de Compostela, onde se exhibirán xuntos nunha exposición temporal que se celebrará alí.

Para chegaren a Santiago comezarán a súa viaxe en maio, facendo o percorrido como un peregrino máis, mais de xeito virtual. Os puntos de partida serán as localidades iniciais de cada ruta do Consello Xacobeo. Cada día percorreremos una etapa. Se sobre o patrimonio de esa etapa participou algún centro cos seus traballos, colgarémolos na nosa web; se ningún centro interviu, continuaremos a viaxe ata a nosa próxima parada.

Seguindo o percorrido cos traballos presentados, e antes de que remate o curso, poderedes ver todos os resultados na web do programa.

Para que vos sexa máis doado seguir a ruta dos traballos, crearemos en Instagram unha conta do programa, onde vos informaremos de todas as novidades.

Participa e fai o teu patrimonio de todos!

Contacto:

info@tucaminodesantiagoconcurso.es

697 82 00 00 (Horario de atención de luns a venres de 9 a 14 horas)

Organiza:

No marco de:

Coa colaboración de:

Participa:

Xestiona:

Créditos fotográficos:

Camiño Francés en Aragón: Archivo del Gobierno de Aragón e Carlos Gil.
Camiño Francés en Castela e León: Junta de Castilla y León e Benito Arnáiz.
Camiño Francés en Navarra: Archivo de Turismo del “Reyno de Navarra”. Patxi Uirz.
Camiño da Costa en Asturias e Camiño Primitivo: Dirección General de Patrimonio Cultural del Gobierno del Principado de Asturias.
Camiño de Santiago en Galicia: Adolfo Enríquez, Fernando Bellas, Tono Arias, Jaime Fernández, Manuel Valcárcel, Pedro García, Santiago López e Tino Viz.

Contact Us

We're not around right now. But you can send us an email and we'll get back to you, asap.

Start typing and press Enter to search